viernes, 31 de enero de 2014

Granada - Celta (A previa)

Estadio de Los Cármenes (21:00) | O Granada e o Celta abren a 22 xornada de liga coa necesidade do Granada de puntuar para non caer no foxo do descenso, e a necesidade do Celta de afianzarse na metade da táboa.

O Celta chega con 22 puntos no posto 13 e coa confianza do traballo ben feito no último partido. Chegamos ademáis co aliciente de tentar gañar nun estadio no que nunca gañamos antes.

O Granada chega con 24 puntos no posto 11. Unha victoria do Celta nos colocaría por riba do equipo andaluz.

Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).

viernes, 24 de enero de 2014

Celta - Betis (A Previa)

Estadio Municipal de Balaídos (21:00) | Celta e Betis disputarán esta noite un partido a vida e morte pola clasificación de ámbolos dous conxuntos na táboa clasificactoria.

Os sevillanos son derradeiros no taboleiro, e veñen de encaixar unha severa derrota por 0-5 diante do Real Madrid. Gabriel Humberto Calderón debutará como adestrador dos béticos en Balaídos, o terceiro dos andaluces esta tempada.

O Celta (16º) chega a este partido trala súa derrota en Cornellà-El Prat, un partido que tivo controlado 88 minutos, pero que se decantou ó lado dos cataláns tras un despiste defensivo que soubo aproveitar Sergio García, autor do tanto da vitoria dos periquitos. Certo é, tamén, que chega un Celta que leva os últimos partidos xogando "cómodamente" en verbas de Luis Enrique, malias derrotas en Madrid e Barcelona, cun estilo de xogo definido.

Unha vitoria dos celestes, ademais do factor anímico, inclinaría a balanza do lado dos vigueses (quenes foron de gañar no partido de ida no Benito Villamarín) no goal average particular, algo ó que Luis Enrique lle resta importancia nestes momentos, pero que a finais de tempada podería cobrar especial importancia, según recoñeceu onte en rolda de prensa.

CONVOCATORIAS:

RC Celta: Sergio e Yoel; Hugo Mallo, Fontàs, Cabral, David Costas, Aurtenetxe e Jonny; Borja Oubiña, Álex López, Krohn-Dehli, Rafinha e Madinda; Charles, Bermejo, Nolito, Orellana e Santi Mina.

R Betis:  Andersen e Sara; Amaya, Chica, Dídac Vilà, Jordi Figueras, Nacho e Paulao; Cedrick, Juan Carlos, Juanfran, Lorenzo Reyes, Matilla, Nono, Salva Sevilla, Vadillo e Verdú; Jorge Molina, Leo Baptistao e Rubén Castro.

ANTECEDENTES:

Celta e Betis enfrontáronse nun total de 23 ocasións no Municipal de Balaídos, con vantaxe para os de Vigo: 12 vitorias para o Celta, 5 empates e 6 derrotas, no que o Celta anotou un total de  35 goles, por 20 do Real Betis. A vitoria mais abultada para o Celta produciuse na xornada 11 da tempada 1999/2000, no que venceron por 5 goles a 1.

Arbitrará Hernández Hernández, do Comité Canario. Ó Celta só lle arbitrou nunha ocasión na Liga BBVA como local, resultando en vitoria para o Celta.


LEMBRADE que hoxe ás 19:00 haberá RECIBIMENTO CELESTE na rúa Manuel de Castro para recibires como se merecen ós nosos xogadores, e á que estades todos convidados.


Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE onde FAREMOS A PREVIA tralo recibimento celeste e hasta a hora do partido na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!

#RecibimentoCeleste na previa fronte ó #Betis 24/01/14 19:00 #SempreCoCelta

Hoxe Venres 24/01/14 estamos convocados ás 19:00 na Rúa Manuel de Castro para recibir ós nosos xogadores como se merecen ante tan trascendental encontro. Como xa se fixera en anteriores ocasións, hoxe os siareiros marcaremos o paso do noso equipo cara a victoria, antes incluso do asubío inicial do partido.

Cunha victoria celeste sairemos do pozo e deixaremos fóra a un posible rival no remate da tempada.

Porque no celtismo, todos sumamos, #SempreCoCelta!
#SempreCoCelta!
CeltaTV quixo apoiar esta iniciativa cun vídeo no que representantes de diferentes peñas animan a puxar polo Celta cara a victoria.
video 
Vídeo propiedade de CeltaTv dispoñible en http://t.co/2fomnBWKnv

sábado, 18 de enero de 2014

Espanyol - Celta (A Previa)

Cornellà-El Prat (22:00) | Espanyol e Celta enfrontaranse esta noite nun interesante partido nos que os vigueses tentarán conseguir a súa segunda vitoria consecutiva que ratifique as boas sensacións acadadas fronte ó Real Madrid (malia derrota) e Valencia, contra quen foi de darlle a volta ó marcador (2-1) a pasada fin de semana en Balaídos.

Mentres o Espanyol de Aguirre tentará volver os bos resultados tralos tropezóns de Osasuna e Real Madrid, aínda que a vitoria en Copa fronte ó Alcorcón a bo seguro que lle dará confianza ós periquiños. Haberá que prestarlle atención a Stuani, Sergio García e, especialmente, ó colombiano Córdoba. Luis Enrique, pese a mala racha do equipo barcelonés, non cre que pasen apuros no resto da liga e non ve ó Espanyol como rival para conseguir á salvación.

CONVOCATORIAS:

RCD Espanyol: Germán e Casilla; Raúl Rodríguez, Sidnei, Héctor Moreno, Javi López, Víctor Álvarez, Fuentes e Colotto; Víctor Sánchez, Simao, Álex, Abraham e Torje; Stuani, Sergio García, Pizzi e Córdoba

RC Celta: Sergio e Yoel; Hugo Mallo, Fontàs, Aurtenetxe, Jonny, Cabral e David Costas; Oubiña, Álex López, Rafinha, Orellana, Madinda, Krohn-Dehli e Augusto Fernández; Bermejo, Nolito, Charles e Santi Mina.

ANTECEDENTES:

Espanyol e Celta enfrontáronse en Barcelona (no vello Sarrià, no Olímpico de Montjuïc e en Cornellà) en 44 ocasións, con 29 vitorias para os cataláns, 10 empates e só 5 vitorias do Celta. Neses partidos, o Espanyol anotou 87 goles e recibiu do Celta 28. A vitoria mais avultada para o Espanyol foi na xornada 5 da tempada 1955/56, na que lle endosou un contundente 6 a 1.

Arbitrará Pérez Iglesias.

Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE e darlle a calor que necesitan os nosos na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!

sábado, 11 de enero de 2014

Celta - Valencia (A Previa)

Estadio Municipal de Balaídos (18:00) | Interesante encontro o que disputarán esta tarde de sábado Celta e Valencia no vello Balaídos, na que se presentará ante os de Vigo un Valencia á alza desde que collera as rendas do equipo Pizzi, amigo persoal de Luis Enrique, adestrador celeste.

Este Valencia de Pizzi ocupa a oitava posición e busca asentarse nos postos de Champions. Ven de gañar por dous goles a cero ós seus veciños do Levante.

Mentres, o Celta, que ocupa postos de descenso, chega ó encontro coa moral alta tralo gran partido que fixo no Santiago Bernabéu no que, pese a todo, saiu derrotado por 3-0 fronte ó Real Madrid.

CONVOCATORIAS:

RC CELTA: Sergio e Yoel; Hugo Mallo, Fontàs, Aurtenetxe, Jonny, Cabral e David Costas; Borja Oubiña, Álex López, Rafinha, Krohn-Dehli e Augusto Fernández; Mario Bermejo, Nolito, Charles, Orellana e Santi Mina.
VALENCIA CF: Guaita e Diego Alves; Joao Pereira, Barragán, Víctor Ruiz, Mathieu, Ricardo Costa, Bernat e Guardado; Javi Fuego, Oriol Romeu, Parejo, Feghouli, Piatti, Míchel e Fede Cartabia; Jonas, Paco Alcácer e Helder Postiga.

ANTECEDENTES:

Celta e Valencia enfrontáronse anteriormente en Balaídos en 47 ocasións, gañando os vigueses en 21 ocasións e empatando en outras 15. Os vitorias marcharon á cidade do Turia en outras 11. O Celta marcou 78 goles, mentres que o Valencia o fixo en 59 ocasións.

ÁRBITRO:

Arbitrará González González do colexio Castelán-Leonés. Só arbitrou ó Celta unha vez en Balaídos en Primeira, con resultado de derrota para os de Vigo.


Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE na previa que faremos desde as 17:00 horas (CAFETERÍA LAS GRADAS, Avda Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!