sábado, 12 de abril de 2014

Celta - Real Sociedad (A Previa)

Foto: Pablo Rosendo | Real Club Celta de Vigo
Estadio Municipal de Balaídos (16:00) | Celta (13º) e Real Sociedad (6º) disputan esta tarde en Balaídos a primeira das seis finais que lle agardan ós celestes, partido que cobra especial importancia tralo tropezón dos vigueses o pasado sábado en Vallecas por un contundente 3-0 e que coloca ós de Madrid por enriba do Celta e cun goal averaxe favorable a eles. Pero o Celta segue a depender de si mesmo para conseguilo obxectivo da salvación.

Luis Enrique espera para este partido a unha "Real potentísima" en Balaídos e di dos donostiarras que son un equipo "motivador". Mentres, Jagoba Arrasate, entrenador vasco, está convencido de "de facer un bo "sprint" final. Imos rematar o ano con boas sensacións".

CONVOCATORIAS:

RC Celta: Yoel e Sergio, Hugo Mallo, Fontàs, Aurtenetxe, Jonny, Íñigo López, Cabral, Oubiña, Orellana, Madinda, Krohn-Delhi, Rafinha, Bermejo, Nolito, Charles, Augusto e Santi Mina.

Real Sociedad: Bravo e Zubikarai; Carlos Martínez, Zaldua, Mikel, Iñigo e José Ángel; Markel, Pardo, Elustondo, Zurutuza, Granero e Canales; Seferovic, Agirretxe, Griezmann, Vela e Chory Castro.

ANTECEDENTES: A favor do Celta, ademais de xogar en casa e o desexo de entrenador e xogadores de agradar á súa afección, está a estatística, pois de 41 partidos disputados en Balaídos entre Celta e Real Sociedad, os vigueses venceron en 23 deles, con 9 empates e 9 derrotas. Conseguiron 71 goles a favor e 40 en contra. A meirande vitoria para os de Vigo foi na tempada 1941/42 cun contundente 6-1.


Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE onde FAREMOS A PREVIA a partires das 15 horas, na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-), desde onde partiremos cara ó Estadio a continuación.

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario