domingo, 10 de noviembre de 2013

Colabora na homenaxe a Fernando Cáceres

Fernando Cáceres coa camisola celeste. (Foto: PA vía futboltotal.com.mx)
Os nosos compañeiros da Federación de Peñas do Real Zaragoza trasladáronnos a petición para que todos os que tivemos o privilexio de disfrutar do xogo dun grande, como é Fernando Cáceres, El Negro, lle botemos unha man, agora que está a pasar malos momentos.

Como saberedes, Cáceres foi asaltado hai catro anos nas aforas de Bos Aires para roubarlle o seu vehículo, disparado na cabeza, polo que unha bala se aloxou no seu cráneo e estivo tempo en coma entre a vida e a morte. Agora está en proceso de rehabilitación, na que tivo a mala sorte de sufrir un novo atraco na que lle levaron todos os cartos que tiña aforrados para costeala. Non lle podemos dar as costas ó Negro.

Por iso se lle vai tributar unha homenaxe no Estadio de La Romareda o vindeiro mércores 13 de novembro, ás 20:30 horas.

Pero si non podes estar ahí, aínda podes axudar. Podes mercar unha entrada para a "Fila 0", facendo un ingrso na seguinte conta de La Caixa:

2100-8627-99-0200111250

Tamén podes pasarte pola nosa sede, CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, 36210 Vigo, Mapa) e depositar a túa axuda no PETO que habilitamos para axudarlle. Todo o recadado será donado íntegramente por PREFERENCIA CELESTE a Fernando Cáceres.

Aquí tes algún dos números de Cáceres no Real Club Celta (1998-2004):

Chegou procedente do Valencia CF, pagando por él 400 millóns de pesetas (2.404.048 euros), sendo unha fichaxe moi rendible para o Celta. Co Celta, El Negro disputou a Champions League, a Copa da UEFA (hoxe, Europa League). Gañou co Celta a Copa Intertoto, xogando a final co Zenit de San Petersburgo, no ano 2000 e disputou a terceira das finais da Copa do Rei, que o Celta perdeu fronte ó Zaragoza por 1-3 en Sevilla, o 30 de xuño de 2001.

Só en Primeira División disputou 18.459 minutos nun total de 197 partidos coa camisola celeste. Conseguiu 3 goles en Liga, 2 en competicións europeas, 1 en Copa e 1 nun amistoso.

Non lle deas as costas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario