viernes, 3 de mayo de 2013

Celta - Athletic de Bilbao (A Previa)

Oubiña (Marca)
Balaídos (19:00h) | Auténtico duelo de titanes na corda frouxa. Un Celta en ascenso e coa moral cada vez máis alta se enfronta no Municipal de Balaídos a un Athletic que amosou a súa histórica garra ante o Barcelona, pero que nos anteriores xornadas cedeu máis puntos dos que o seu xogo e equipo merecen.

O Bilbao non pode despistarse. De facelo, podería entrar en descenso nas xornadas finais, o que fai que este encontro sexa vital para o Celta e importantísimo para o Bilbao.
30 Puntos ten o Celta ocupando o posto 18, e 37 o Athletic ocupando o posto 14, nunha liga que semana a semana demostra que a salvación vai estar moi reñida, e que nas vindeiras xornadas as cousas poderían cambiar para moitos equipos nun abano de tan só 12 puntos.

Para este partido hai convocada un #RecibimentoCeleste nas redes sociais, recibimento co que imos colaborar, para recibir ó equipo como se merece, e brindarlle o noso apoio neste decisivo momento. A quedada é nos exteriores da bancada de Gol ás 19:00.

#NonNosRendemos #XuntosConseguirémolo

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario