lunes, 22 de abril de 2013

Celta - Zaragoza (A Previa)

Estadio Municipal de Balaídos (22:00) | Hoxe vigueses e maños disputan no Municipal de Balaídos un deses partidos que se chaman 'a cara de can' pois ámbolos dous conxuntos necesitan imperiorasamente a victoria para seguir tendo esperanzas para permanecer na División de Honra do fútbol español.

Os vigueses deben facer valer, hoxe máis que nunca, a súa condición de conxunto que xoga en casa e hoxe máis que nunca fai falla que todos nos esforcemos, pese a ser luns, pese á hora e pese a ser televisado, e enchamos cada rincón de cada bancada do noso vello Balaídos.

Abel Resino convocou para o encontro desta noite a 18 xogadores, nos que son baixa Iago Aspas, que cumpre o seu cuarto, e último, partido de sanción, Sergio, Samuel e Hugo Mallo, lesionados. Tampouco entran na lista por decisión técnica Demidov, Bellvís e Toni.

Do filial entran convocados Rubén Blanco e Levy Madinda. A lista completa dos 18 é a que sigue: Javi Varas e Rubén Blanco (porteiros), Túñez, Lago, Oubiña, Vila, Jony Castro, Álex López, Pranjic, Cabral, Augusto Fernández, Natxo Insa, Orellana, Krohn-Delhi, Park, De Lucas, Bermejo e Madinda.

O Zaragoza, tralo derradeiro adestramento na Romareda, na que os seus siareiros tamén fixeron unha demostración de forza, levando uns 5.000 deles ó seu estadio, viaxou a Vigo cos seguientes 19 xogadores convocados por Manuel Jiménez, o adestrador zaragozista: Roberto, Leo Franco (porteiros), Movilla, Paredes, Rodri, Edu Oriol, Hélder Postiga, Apoño, Montañés, Romaric, Fernández, José Mari, Loovens, Stefan, Sapunaru, Abraham, Pintér, Rochina e Víctor.

No momento de redactar esta nota, o Celta é colista con 24 puntos, seguido polo Real Zaragoza, con 27. No partido de ida, o Celta venceu na xornada 13 por cero goles a un, tanto conseguido por Aspas, no minuto 83. De ahi a importancia da victoria de hoxe do Celta.

Queremos lembrar desde Preferencia Celeste que hoxe hai convocada unha quedada fronte á grada de Gol ás 20:00 horas para recibir ó autocar do Celta e darlle a calor que os nosos se merecen. Por que #NonNosRendemos.

E a partires das 21:00 a previa a podrás facer con nós en Cafetería Las Gradas (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio), desde onde partiremos á nosa bancada.

Hoxe #TodosABalaídos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario