domingo, 7 de abril de 2013

Celta - Raio Vallecano: A Previa

Piti entre Lago e Vila na ida en Vallecas | EFE
Balaídos (12:00 h) | Celta e Raio Vallecano disputan hoxe ó mediodía un intersantísimo partido na que os vigueses deberán facer bo o meritorio empate acadado frente ó líder, o FC Barcelona, a dous goles, hai oito días en Vigo.

O Celta non poderá contar con Iago Aspas, tras ver desestimado o clube o recurso presentado perante a Comisión Española de Disciplina Deportiva para rebaixar a sanción imposta ó dianteiro de Moaña. Polo tanto, o canteirán cumprirá o segundo partido de sanción fronte os madrileños. Outra baixa importante para os de Resino é a de Andrés Túñez, cunha pubalxia, da que non se recuperou. Sergio Álvarez tamén é baixa tendo sido operado dun ombreiro esta semán. A estas baixas se suman as de Samuel e Hugo Mallo, de longa duración. Por iso, foron chamados ó primeiro equipo os canteiráns Rubén Blanco na portería e Levy Madinda.

A convocatoria do equipo de Balaídos é a que segue: Varas e Blanco como porteiros; Lago, Oubiña, Vila, Augusto Fernández, Jonny Castro, Álex López, Pranjic, Cabral, Demidov, Bellvís, Toni Rodríguez, Krohn-Delhi, Orellana, Insa, De Lucas, Bermejo, Park e Madinda.

Mentres, o Raio Vallecano considera este partido, en boca de Paco Jémez, o seu adestrador, como "vital" na que só lles vale a victoria, aínda que persiguen fins diferentes ós de Vigo, como poden ser as opcións a disputar competicións europeas. Considera o técnico do conxunto madrileño que eles teñen que aproveitar a ausencia de Aspas e a posible "ansiedade" do Celta por conseguir unha victoria vital para seguir tendo opcións de permanecer na liga de honra do fútbol español.

O conxunto vallecano, que chegou na tarde do sábado a Vigo, convocou ós seguintes 18 xogadores:  Rubén, Cobe, Tito, Arbilla, Casado, Figueras, Amat, Gálvez, J. Fuego, Adrián, Trashorras, Piti, F. Vázquez, J. Carlos, Lass, Chori, Delibasic y Leo.

Este partido significará á volta a Balaídos de Roberto Trashorras, que militou tres anos no conxunto celeste, equipo que sempre sigue moi de cerca, e espera unha boa acollida do público de Vigo.

O Celta ocupa o posto 18 do taboleiro, con 24 puntos, mentres que o Raio Vallecano está no posto noveno, con 41. Se a victoria cae do lado vigués, abandonarían os postos de descenso por mor da victoria do Deportivo na noite do sábado fronte ó Zaragoza, por tres goles a dos (por mellor diferenza de goles dos vigueses, a falta do partido de volta entre galegos e maños). Na ida en Vallecas, ganaron 3-2 os madrileños tras ir ganando o Celta por 0-2, ámbolos dous goles de Aspas, e darlle a volta o Raio Vallecano en vintecinco minutos trala expulsión de Cabral.

Balaídos presentará un aspecto de gala, trala iniciativa do Celta de vender entradas a prezo reducido ós seus abonados. Por que #XuntosConseguirémolo.

Podes acompañarnos na Previa que faremos ás 11 da mañán. E lembra que ás 11:15 faremos o sorteo do balón dos heroes do ascenso. Todo isto en Cafetería Las Gradas (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio)

E como sempre, o de sempre. Ala Celta!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario