sábado, 2 de marzo de 2013

As entradas para "O Noso Derbi" disponibles a partires do vindeiro martes

Partido de ida disputado en Vigo | Foto: RC Celta
Tras días de incertenza, a partires do anuncio do Celta que disporía de 868 entradas para o derbi a disputar en A Coruña o venres 15 de marzo ás 21:45 horas no Estadio de Riazor e no que tanto clube como Federación de Peñas anunciaron públicamente que se afastarían da xestión e venda de entradas, finalmente se sabe que será un dos patrocinadores do Celta, a multinacional de telefonía británica Vodafone a encargada de pór á venda as entradas para "O Noso Derbi", que sairán á venda a partires do vindeiro martes, 5 de marzo.

Por isto, desde Preferencia Celeste non podremos xestionar nin desprazamento, nin entradas para os nosos peñistas. Sen máis, transcribimos a nota de prensa emitida polo clube olívico:


As entradas para o derbi de Riazor, á venda desde o próximo martes 

As entradas reservadas para a afección do Real Club Celta para o derbi que se disputará en Riazor o venres 15 de marzo ás 21.45 horas poranse á venda a partir do próximo martes na tenda de Vodafone situada na céntrica rúa Eduardo Iglesias, número 4, en horario de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas.

Cada afeccionado poderá adquirir un máximo de dúas entradas para este encontro. Hai un total de 868 entradas reservadas para a afección celeste, que se despacharán, até final de existencias, ao prezo de 40 euros.

A venda de entradas na tenda de Vodafone producirase por rigorosa orde de chegada, sen posibilidade de realizar reservas e non está vinculada a ningunha promoción da empresa de telecomunicacións.

Vodafone é un dos grandes patrocinadores do club, con accións pioneiras como a de crear a "Bancada Vodafone" en Balaídos ou a presentación de novos terminais telefónicos na nova zona de empresas do estadio celeste.

CORRECCIÓN: Con posterioridade á publicación desta entrada (ás 20:00 de hoxe), o Real Club Celta publicou unha nota de prensa na que indica que os días 5 e 6 (martes e mércores) as entradas se venderán exclusivamente a abonados ó Celta, que deberán de presentar o carné ó facela compra, e a partires do día xoves 7, se quedasen entradas disponibles, estas se venderán ó público en xeral e coas limitacións xa indicadas de dúas entradas por persoa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada